Chamar non me chamaron para contarme nada novo.
O seguinte que souben foi que EU XA NON FIGURABA NAS LISTAS.
Tería algo que ver coa protesta??
Xa que as listas son públicas, un grupo de amigos adicouse a chamar o luns 12 de novembro a distintos responsables para preguntar por que eu desaparecera. E si, dixéronme que me borraran porque eu non me presentara ó examen. Certo. Pero é que a persoa que está traballando (M. M. A., para que saibades buscar nas listas) tampouco se presentou. E máis persoas, que continúan na lista, tampouco se presentaron e alí seguen. Por enriba, din que xa me contestaron a instancia e que me enviaron un correo certificado a casa. Cando lles digo que non chegou nada, dinme que están buscando eles o acuse de recibo - acuse que non existe, porque eu non firmei nada-.
Nas listas, repito, só fun borrado eu. Tería algo que ver coa protesta??
Pd: As listas son públicas e podedes consultalas na Consellería de Educación, no apartado de Interinos e Substitutos (se alguén non atopa o enlace, escribídeme ó correo que volo direi sen problema). De todas formas, como agora xa non estou pero gardei as outras por se acaso, deixóvos aquí o enlace para que podades descargalas e comprobar que a miña historia é certa. Se necesitades algunha documentación máis, avisádeme
Listaxes a 16 de outubro: (aínda non figura como traballando M. M. A pero si figura detrás miña J. C Q. A., e nas actuais si podedes consultar que está cubrindo a praza que especifiquei no post "no segundo, houbo especialidades...")
http://www.megaupload.com/es/?d=FAFU2MFM
Listaxes a 11 de novembro: aquí xa desaparecín eu pero siguen figurando o resto na lista
http://www.megaupload.com/es/?d=EWUWB9PA
Listaxes de opositores que se presentaron e non ó examen (tamén o podedes consultar no apartado de oposicións da Consellería, pero aquí tedes descarga directa, así podedes comparar coa lista actual e ver canta xente que non se presentou continúa na lista)http://www.megaupload.com/es/?d=S911QUQG
1 comentario:
es una animalada, yo no sabia nada de lo de la instancia y que te dijeran que te habian enviado un correo y como te han borrado a ti sólo cuando yo llame , el lunes 12 de noviembre a la xunta , me dijeron que iban a borrar a todos los que no se hubiesen presentado al examen , en fin , no tengpo palabras para esta situación , sólo te envio desde aqui mucho ÁNIMOOOO!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario