
Este, como sabedes, é o blog que relata o "maltrato" administrativo a un opositor (eu-mesmo) e as irregularidades que se cometen na lista. Para que se saiba o que pasa e para que me comentedes o que pasa.
Deixovos aquí a orde da historia, que é a mesma que se ledes este blog de abaixo para arriba, pero así éche máis fácil:
1.- No primeiro, houbo esperanza...
2.- No segundo, houbo especialidades...
3.- No terceiro, houbo reclamacións...
4.- No cuarto, non houbo máis nada... (no final deste post atoparedes ós enlaces á documentación)
5 comentarios:
Lin todas as anotaciós do blog e non podo expresar máis que a miña desolación e solidariedade. O proceso de oposicións foi, como xa teño comentado no meu blog, un proceso encuberto de regularización de interinos. Mágoa que, tamén, se empregue o mesmo procedemento (polos datos que proporcionas) no funcionamento das listas. Suxiro que escribas unha carta a un dos xornais sintetizando a historia e lle fagas chegar copiar á conselleira.
Veño de recibir a túa mensaxe no meu bló e tamén quero expresante a miña solidariedade. Paréceme moi bo o consello que che da brétemas mais era bo que esa asociación que apareceu para arranxar este tema non a deixedes morrer. Tendes que traballar arreo por unha causa que non é só un problema voso, é un problema social moi grande porque afecta á educación dos nosos fillos e á (des)confianza nas institucións entre outras moitas cousas. Fai unha reclamación en regla e dalle publicidade, seguro que hai máis xente no teu caso, se vos xuntades será máis doado. Unha rapaza que eu coñezo foi á xunta tamén a protestar e a despacharon en dous segundos porque había uns interinos berrando na porta, por xa sabes ¡a berrar ti tamén! O meu bló está ao teu dispor, por suposto.
Moito ánimo. Saúdos.
X
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2007/11/xustiza-para-leriasaparte.html
Boas! únome ao resto da xente que se solidariza. ¡Menuda inxustiza! e como di "ana bande", a unión fai a forza. Así que adiante!! Eu xa reenviei o correo que chegou ao meu mail para que todos os meus contactos coñecesen a historia.
Saúdos e sorte!!
Este tipo de trapalladas (amiguismo, enchufismo) é mais común do que parece.
Opino igoal que Brétemas: hai que presionar e darlle a maior publicidade posible.
Animo.
Publicar un comentario